Noticias muy preocupantes a la espera de un Decreto muy cuestionable

Etiquetas:

Queridos amigos: En Galicia, seguimos a la espera de que se publique el nuevo Decreto de Atención a la Diversidad. El proceso de elaboración del mismo sigue su curso, suponemos que esperarán a julio o agosto para publicarlo, para minimizar la contestación por parte de padres y docentes. De entrada, el ambiente en el ámbito educativo está muy calentito. Los sindicatos ya tienen su calendario de jornadas de huelga para comienzos del curso que viene. La ampliación de la jornada laboral del profesorado y de sus funciones se ha decidido de forma unilateral por parte de la consellería un par de días antes de que los niños terminasen las clases. Personalmente, he leído con mucha preocupación todas las noticias y opiniones sobre este tema, y sobre todo cuando por parte del Sr. Vázquez, Conselleiro de Educación, se justifica esta medida en la mejora de la atención a la diversidad. De fuentes más que solventes nos ha llegado esta tarde la siguiente información, que compartimos con vosotros: La Consellería de Educación está presuntamente (vamos a poner el presuntamente no vaya a ser que se den por ofendidos) dando las siguientes instrucciones verbales: - En todos los colegios dónde no haya cinco niños con Necesidades Educativas Permanentes que necesiten Profesor de Audición y Lenguaje, es decir, logopeda, se retira para este curso 2011/2012 la figura de este profesional.
Está previsto aplicar en el curso 2012/2013 el mismo criterio para la asignación de PT.
La Consellería entiende por necesidades educativas permanentes niños con informe diagnóstico del SERGAS, no con informes de gabinetes o instituciones que no sean públicas o informes de Asociaciones, aunque sean asociaciones a las que se derive desde el SERGAS. El próximo día 29, miércoles, a las 12 de la mañana, en Santiago de Compostela, por iniciativa de FOANPAS, distintas asociaciones y entidades de toda Galicia entregaremos en el Registro de San Caetano nuestras alegaciones al Borrador de Decreto de Atención a la Diversidad. Los que queráis asistir, tanto a título particular como en representación de, seréis bien recibidos. Si no podéis asistir y queréis sumar a vuestra asociación a las alegaciones, escribidnos igualmente. Gracias a todos, Esther. contacto@lasonrisadearturo.com


Alegaciones al borrador de decreto de atención a la diversidad del FVI y FOANPAS

Etiquetas:

Para enviar a: 
<dxefpie@edu.xunta.es>, <teresa.canas.landin@parlamentodegalicia.es>, <carlos.varela.castineiras@parlamentodegalicia.es>,<jose.manuel.baltar.blanco@parlamentodegalicia.es>, <ricardo.varela.sanchez@parlamentodegalicia.es>, <jose.manuel.balseiro.orol@parlamentodegalicia.es>, <anxo.manuel.quintana.gonzalez@parlamentodegalicia.es>, <presidencia.pargal@parlamentodegalicia.es>,<presidente@xunta.es>, <valedor@valedordopobo.com>,<marefe@edu.xunta.es>, <gp-socialista@parlamentodegalicia.es>,<gpbng@parlamentodegalicia.es>, <gp-pp@parlamentodegalicia.es>

Escribe aquí tu nombre, con DNI escribe aqui tu DNI , con domicilio a efectos de notificacións na escribe aquí tu dirección, en calidade de escribe aquí el motivo o relación personal dun alumno con discapacidade (diversidade funcional), ante o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia comparezo e digo: Que tendo coñecemento do borrador de Proxecto de Decreto que está preparando a Xunta de Galicia, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, mediante este escrito SOLICITO A MODIFICACIÓN DO TEXTO, con base nas seguintes ALEGACIÓNS PRIMEIRA.- O art. 38 da Lei 1/1983, do 22 de febrero, reguladora da Xunta e do seu Presidente establece, de conformidade co principio de xerarquía normativa consagrado no art. 9.3 da Constitución Española, que “serán nulas de pleno dereito as normas regulamentarias que infrinxan outras de rango superior ou se opoñan ao establecido pola lei”. O contido do borrador vulnera dereitos consagrados en normas con rango de lei, que se indican a continuación: - Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE). - Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDA). - Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. - Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, ratificado por España o 23/11/2007 e publicada no BOE o 21/06/2008, norma que forma parte do ordenamento xurídico español ao abeiro do disposto no art. 96.1 da Constitución Española e, como tal, é de obrigado cumprimento. - Convención de Dereitos do Neno, adoptada pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e ratificada por España o 30 de noviembre de 1990. - Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e de la Lei de Axuízamento Civil. - Lei 15/1999, do 13 de decembro, do protección de datos de carácter personal (LOPD). - Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC). - Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na administración pública galega. As ditas normas consagran, entre outros, os seguintes dereitos: - Dereito a unha educación inclusiva (art. 1 b) LOE) e non discriminatoria por razón de discapacidade (arts. 4 a 10 LIONDA, art. 5.2 da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade). - Dereito do alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar necesidades educativas especiais, a acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades personais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado. Este dereito conleva a obriga das Administracións educativas de asegurar os recursos personais e materiais necesarios (arts. 71.2 e 72 LOE). - Dereito á accesibilidade dos colexios, o cal implica a eliminación das barreiras arquitectónicas e de comunicación (LIONDA e 15 e 29 da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia). - Dereito dos pais ou titores a participar nas decisión que afecten á escolarización e aos procesos educativos deste alumnado. Os pais destos alumnos tamén teñen o dereito de recibir o adecuado asesoramento individualizado, así como a información necesaria que lles axude na educación dos seus fillos (art. 71.4 LOE). - Dereito de información, acceso a arquivos e rexistros administrativos (arts. 35 e 37 LRXPAC), con especial garantía para as persoas con discapacidade (art. 4.6 da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas). Este dereito será exercido polos pais e nais no caso de menores, consonte o disposto no artigo 162 do Código Civil. - Interese superior do neno sobre calquera outro que puidera concorrer (art. 3 da Convención de Dereitos do Neno de Nacións Unidas, art. 2 da lei orgánica de protección xurídica do menor, art. 7.2 da Convención sobre os dereitos das persoas con dispcapidade). - Dereito á confidencialidade dos datos de carácter personal do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (LOPD). Unha interpretación integrada das ditas normas permite afirmar a nulidade de pleno dereito da regulación que realiza o borrador do Decreto de atención á diversidade das seguintes materias: escolarización en centros de escolarización preferente (art. 18), aulas específicas (art. 19), escolarización en centros de educación especial (art. 20) e escolarización combinada (arts. 16 e 19.2), xestión dos recursos personais e materiais adicados á educación inclusiva deste alumnado (arts. e o acceso ao informe psicopedagóxico e demais información educativa do alumnado con necesidades específicas de apopio (arts. 34.3). -En primeiro lugar, a educación inclusiva constitúe, segundo a totalidade da doctrina e da literatura sobre a materia (Susana Guidugli, Staimback y Jackson, por mencionar algún dos máis destacados autores) un enfoque educativo baseado na valoración da diversidade como elemento enriquecedor do proceso de ensinanza e favorecedor do desenvolvemento humán. Caracterízase pola esixencia de educar a todos os alumnos e alumnas nas escolas ordinarias. O noso ordenamento consagra o dereito a una educación inclusiva, como xa se expuxo, o cal implica o dereito á educación de todo o alumnado nas escolas ordinarias e a paulatina desaparición das escolas de educación especial. Estas deberían convertirse en centros de formación de profesorado e de apoio á educación inclusiva nas escolas ordinarias. A educación inclusiva é totalmente incompatible coa educación a tempo completo nas chamadas “aulas específicas”, posibilidade que tamén contempla o borrador de decreto, chegando incluso a considerar estas aulas como “educación especial”. Unha regulación acorde cos dereitos enunciados deberá asegurar que o alumnado con diversidade funcional reciba o apoio educativo específico preferentemente na aula ordinaria. Naqueles casos en que sexa necesario un reforzo nalgunha determinada área de coñecemento ou motórica, este realizarase en espazos adecuados nos colexios ordinarios nos que están escolarizados. Este reforzo realizarase de conformidade coas necesidades específicas do neno, cuxa identificación se debería realizar con máis garantías que as contempladas no procedemento regulado no borrador de decreto (que será obxecto da alegación segunda) e que, en ningún caso, abranguerá a totalidade do horario escolar. -En segundo lugar, a escolarización do alumnado realizarase de conformidade coa decisión de quen ostente a súa patria potestade, dentro das limitacións que por zona de residencia poida establecer con carácter xeral a administración educativa. A discapacidade ou diversidade funcional dunha nena ou neno non poderá xustificar en ningún caso a súa derivación a outro centro, aínda que se localice dentro da mesma zona educativa, baixo a xustificación de carencia de medios, accesibilidade ou similar. Unicamente os pais e nais do alumno ou alumna teñen a capacidade de elixir o centro no que se escolarizarán os seus fillos. En consecuencia, deberá eliminarse o art. 20.3, que prevé a escolarización nos centros de educación especial “co ditame de escolarización emitido polos servizos de orientación, co informe do servizo de inspección educativa e coa opinión escrita das nais, pais ou titores”. Deberá substituirse esta previsión por un regulación que prevea a autorización das nais, pais ou titores legais como requisito ineludible para a escolarización dos seus fillos en calquera centro. En terceiro lugar, en canto á xestión dos recursos que prantexa o borrador do decreto, autorizando incluso a súa concentración nalgúns poucos centros (poner artigo), cabe analizar o seguinte: O noso ordenamento esixe a adecuación dos centros á educación inclusiva, o cal require, ademáis de medios personais e materiais, a adaptación de todos os centros á normativa de accesibilidade. Non cabe, por tanto, aducir a carencia de medios específicos, nin a existencia de barreiras nun determinado colexio para impedir o ingreso dunha nena ou neno por razón da súa discapacidade. O interese superior do neno sobre calquera outro que puidera concorrer, que consagra o noso ordenamento, impide que se lle impoña ao alumno con discapacidade o deber de acercarse aos medios que require a súa educación. O seu superior interese obriga a que sexan os medios personais e materiais os que se despracen ás escolas ordinarias e non ao contrario. En conclusión, concentrar os recursos personais e materiais nuns poucos centros non só constitúe una clara discriminación por razón de discapacidade, práctica que prohíbe expresamente o noso ordenamento, senon que ademáis sacrifica o superior interese do nenos en favor de outros como unha suposta “optimización dos recursos dispoñibles”. Por outra banda, cabe realizar unha apreciación sobre o ámbito de aplicación deste decreto. O artigo 2 do borrador establece: “Este decreto será de aplicación en todos os centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia”, matizando na disposición adicional segunda que “o disposto neste decreto será aplicable aos centros privados concertados e non concertados en todos aqueles aspectos que non contraveñan o establecido na súa lexislación específica e os límites fixados nela”. Dada a natureza dos dereitos que regula, a súa aplicación debe abranguer a todos os centros sostidos con fondos públicos, sexan públicos ou concertados. A asignación de medios específicos aos alumnos con diversidade funcional que o precisen deberá garantirse con independencia da natureza pública ou concertada do centro. Xa para finalizar esta alegación sobre os preceptos nulos de pleno dereito contidos no borrador do decreto, procede destacar o art. 34.3 do dito borrador do decreto, o cal supedita o dereito das nais, pais ou titores legais do alumnado á obter copia do informe psicopedagóxico “ás condicións que estableza a consellería con competencias en materia de educación”. Os arts. 35 e 37 LRXPAC regulan con carácter xeral o dereito de acceso aos arquivos e rexistros, dereito que se ve reforzado na lexislación autonómica galega no caso de persoas con discapacidade (art. 4.6 da Lei 4/2006, de transparencia e boas prácticas). Este dereito será exercido polos pais e nais no caso de menores, consonte o disposto no artigo 162 do Código Civil, segundo o cal quen ostente a patria potestada ten a representación legal dos seus fillos menores non emancipados. Non cabe, por tanto, un menoscabo do dereito dos pais e nais ao acceso ao informe psicopedagóxico, ao ditame de escolarización e á demais documentación educativa relativa aos seus fillos, a cal deberá custodiarse coa garantía de confidencialidade que establece a LOPD. En consecuencia co anterior, deberá eliminarse o final do párrafo terceiro do artigo 34 do borrador do decreto, asegurando o dereito das nais, pais ou titores legais a obter copia do informe psicopédagóxico e da demais documentación educativa relativa aos seus fillos. SEGUNDA- O borrador do decreto deseña un procedemento de identificación das necesidades de apoio específico pouco garantista para o dereito á educación dos nenos con discapacidade (artigos 31 a 35 do borrador do decreto). En primeiro lugar, sería recomendable que o art. 31 regulase qué se entende por “alumnado con necesidade específica de apoio educativo”, máis alá da definición xenérica que recolle: “Enténdese por alumnado con necesidade específica de apoio educativo aquel que requira, de forma temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, por presentar altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardíamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar”. A identificación das necesidades educativas do alumnado e do exuste das medidas necesarias articúlase no borrador do decreto (arts. 33 a 35) sobre a avaliación psicopedagóxica realizada polo departamento de orientación coa colaboración, de ser o caso, dos equipos de orientación específicos. Os seus resultados recolleranse no informe psicopedagóxico e no ditame de escolarización, que indicará “as orientacións sobre a proposta curricular axeitada e, de ser o caso, sobre os recursos persoais e materiais necesarios; a proposta de escolarización, e a opinión das nais, pais ou titores legais do alumnado respecto desa proposta” (art. 35.1). Sería recomendable a creación dun equipo multidisciplinar cun ámbito de actuación espacial abranguible desde o punto de vista do seguemento da escolarización do alumnado con necesidades educativas de apoio específico. Este equipo realizaría a identificación das necesidades concretas de apoio que require cada alumno en función das súa diversidade funcional. Esta avaliación, que se apoiará en informes dos facultativos que atenden ao neno, plasmarase nun informe no que se informará ao centro escolar das necesidades concretas do alumno e das medidas específicas de apoio que deberán desenvolverse. De ser necesario, o equipo específico de valoración asignará medios personais e materiais de apoio específico ao centro escolar. O borrador do decreto non regula as adaptacións curriculares, aspecto primordial na escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. TERCEIRA.- O texto adolece totalmente de garantías para unha educación inclusiva, a cal require dunha dotación de medios personais e materiais adecuada ás necesidades específicas dos nenos con discapacidade. O art. 36 do borrador do decreto non define os recursos específicos. O borrador do decreto debería regular exhaustivamente cales son os recursos humáns e materiais precisos para a adecuada atención ao alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo, establecendo as normas de funcionamiento e utilización. Neste sentido é ilustrativo o “DECRETO 104/2010, de 29 de julio, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado en el ámbito de la enseñanza no universitaria de Canarias”, o cal regula esta materia no seu art. 7, nos seguintes termos: “[]2. Además de los recursos ordinarios de que disponen los centros, se consideran recursos personales para apoyar la atención a las necesidades específicas de apoyo educativo los siguientes: profesorado especialista de apoyo a las necesidades específicas de apoyo educativo, profesorado especialista en audición y lenguaje o logopedia, equipos de orientación educativa y psicopedagógicos de zona y específicos, así como otros profesionales que por su competencia y funciones puedan estar implicados en la respuesta a las necesidades específicas de apoyo educativo. 3. En los términos establecidos en la Ley 8/1995, de 6 de abril, de accesibilidad y supresión de barreras físicas y de la comunicación, y en sus normas de desarrollo, la Consejería competente en materia de educación promoverá las actuaciones necesarias para la supresión de las barreras físicas y de la comunicación en sus centros y servicios.[]” CUARTA.- Convendría ademáis: - Unha definición do que se considera alumnado con necesidade específica de apoio educativo. - Unha regulación exhaustiva dos recursos - Unha regulación exhaustiva das adaptacións curriculares - Necesidade da creación de un equipo multidisciplinar de valoración de necesidades educativas especiais - Dereito de acceso a arquivos e rexistros. Acceso a informe psicopedagóxico, listas de espera comedores, etc cumplimiento de la normativa. QUINTA.- Exigimos o papel efectivo dos pais ou titores a ser interlocutores necesarios en calquera reforma lexislativa que afecte á educación dos fillos. En virtude de todo o exposto, SOLICITAMOS Que se teña por presentado o presente escrito e, estimando as alegacións e consideracións contidas no mesmo, se eleve á aprobación do Consello da Xunta un novo proxecto de Decreto que non vulnere os dereitos das nenas e nenos con discapacidade (DIVERSIDADE FUNCIONAL). Escribe aquí la fecha y tu firma.


Indignación tras leer el libro "Viaje de invierno" de Amélie Nothomb

Etiquetas:

No puedo menos que hacerme eco de la nota publicada en Facebook por Cristina Ruíz, y como, en otras ocasiones reclamar alto y claro que una persona con austismo es tan digna de respeto y consideración como cualquier otro ser humano. Usar el término autismo para insultar contribuye de forma directa a la exclusión social y marginación de las personas con autismo. Añadir términos como retrasada mental, subnormal, o estrangular me parece una vuelta de tuerca intolerable.
Esta es la nota que ha escrito Cristina Ruíz en facebook, más que acertada. Entrecomillo "

indignación tras leer el libro: "Viaje de invierno" de Amélie Nothomb

La gente que me conoce personalmente, sabe que soy una loca de la lectura, una devoradora de libros, y que siempre voy buscando lecturas que tengan que ver con el autismo. Hace una semana leí el libro arriba citado, de la editorial Anagrama. Este libro trata de la relación entre dos personas, una de ellas dedicada al cuidado de una escritora con un tipo de autismo llamado "enfermedad de Pneux o "autismo amable". Dejando de lado que esta enfermedad no existe, mi indignación fue mayúscula cuando leí el tratao que se daba a la persona con autismo. Cito textualmente ( pags 61-62): " Yo le producía confusión: no me lo esperaba. Y, sin embargo, aquel mensaje era peor que una negativa oficial. Estaba a punto de alcanzar mi ideal y una retrasada mental me lo arrebataba.El motivo era indiscutible y, no obstante, me negaba a entenderlo. Sentí deseos de estrangular a la subnormal de una vez por todas. ¡Así que tenía que sacrificarme por aquel deshecho de la humanidad! (...) Tuve el sentido común de callarme los comentarios odiosos que deseaba dirigirle a la retrasada..." Esto es solo un fragmento, pero da idea del tono general del libro. Ante mi incredulidad, y dado que no tengo acceso a la autora, le he escrito la siguiente carta a la editorial: " Estimados señores: Me pongo en contacto con ustedes, ante la imposibilidad de hacerlo con la autora, tras la lectura del libro de Amélie Nothomb "Viaje de invierno". Antes de nada quería presentarme someramente: Mi nombre es Cristina Ruiz Cavanilles y soy madre de un niño con autismo que actualmente tiene 8 años. Además de eso, y muchas otras cosas, soy una lectora voraz y entregada, e intento acceder a toda novela que tenga alguna relación con el tema del autismo para poder aprender del punto de vista de otras personas. He de decir, que el libro anteriormente citado, además de carecer de interés literario ( por supuesto, desde mi humilde punto de vista), se expresa en unos términos refiriéndose al autismo que no son en absoluto pertinentes. Para empezar, el tipo de autismo al que la escritora se refiere, no existe ( Como ya he destacado anteriormente, además de madre soy otras cosas, entre ellas, médico. Pero por si se trataba de una forma que no conocía, me he tomado la molestia de indagar sobre el citado " enfermedad de Pneux" o " autismo afable", sin encontrar resultados). Puedo entender que se trate de una licencia literaria. Pero lo que no puedo admitir, bajo ningún concepto, es el lenguaje con el que la escritora se refiere al personaje que "literariamente" tiene autismo, y cito:"retrasada mental" ,"subnormal", "deshecho de la humanidad"... ( pags 61 y 62 del libro). Dado que no conozco a la autora, ni creo que tenga acceso a ella en un futuro...afortunadamente, me he de dirigir a ustedes para expresarles mi estupor y mi indignación. ¿Acaso carecen de libro de estilo en su editorial?, o peor ¿Han editado este libro sin ni siquiera leerlo?. Es por todo esto, que les indico que voy a dar a conocer esta información a las asociaciones de padres y familiares de personas con autismo, así como a las redes sociales para que la gente se haga eco de esta indignación. Y me reservo el derecho de redactar una carta al defensor del publo por considerar que de forma indirecta se está insultando a mi hijo. Por otra parte, les comunico también que de no solucionarse este tema, a partir de ahora será el último libro que haya comprado de su editorial. Me parece aberrante que hoy en día tengamos que leer insultos de esa categoría. Como parte de un colectivo muy amplio de padres y familiares de personas con autismo, les reitero mi indignación. Si quieren ponerse en contacto conmigo, tiene mis datos de correo electrónico". Eso es todo, si alguien quiere mandarle un correo a la editorial anagrama, su dirección de correo es: Parece mentira que hoy en día aún tengamos que ver cosas como ésta. Espero que os indignéis tanto como yo." Dicho lo cual, desde España Inclusión proponemos el envío de la carta de Cristina a la editorial.
El correo electrónico de la editorial anagrama@anagrama-ed.es